Mostrando entradas con la etiqueta ELE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ELE. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de noviembre de 2014

ENSINANZA DA LINGUA GALEGA A ALUMNADO DE INTEGRACIÓN TARDÍA

Aquí vos deixo un recurso para traballar a lingua galega a alumnado procedente do estranxeiro e que descoñece a lingua da nosa comunidade. Unha boa iniciativa da RAG e da Fundación Barrié:


jueves, 11 de noviembre de 2010

SEMINARIO INTERNACIONAL DE ATENCIÓN AO ALUMNADO INMIGRANTE

Dende hoxe ata o sábado estase celebrando o Seminario Internacional de Atención ao Alumnado Inmigrante. Fai uns días chegou ao noso centro un neno de fala non hispana e a desesperación do profesorado ante a ensinanza da lectoescritura para que puidese acceder ao currículo foi evidente. Pero unha frase de Paulo Freire:
"Hai que aprender aos nenos/as a ler a realidade antes que a ler a palabra"
fíxome reflexionar sobre o grammocentrismo no que estamos inmersos no sistema educativo, de modo que concedemos un peso excesivo ao escrito, cando hai moitas cousas que se poden aprender e ensinar na escola.
Tamén vos deixo unha pregunta para a reflexión:

Quen fracasa cando hai fracaso escolar?

miércoles, 27 de enero de 2010

PÁXINAS DE INTERESE PARA A APRENDIZAXE ESPAÑOL-ÁRABE



Déixovos algunhas direccións de interese (a maioría interactivas) coas que estamos a traballar na ensinanza do español a unha nena de 7 anos, procedente de Marrocos que se acaba de incorporar ao centro sen coñecer ningunha das súas linguas oficiais en Galicia e que tampouco estivo escolarizada no seu país de orixe. Ademais a Editorial ARAL tamén dispón de material interesante para traballar a adquisición de vocabulario e da estructura da lingua.
Preme nos seguintes enlaces para acceder ás páxinas:

MI MUNDO EN PALABRASMI PUEBLO Y MI REGIÓN
LA CASA (En catalán
LA LLAMADA DE LA SELVA
APRENDER ESPAÑOL (Vocabulario on line interactivo
VOCABULARIO AGRUPADO EN CAMPOS SEMÁNTICOS
ESPAÑOL CON CARLITOS
EL MUNDO DE DUNIA
ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
LINGUAS.NET
AULA-E MATERIAIS PARA ALUMNOS/AS DE E/ELE
APLICACIÓN PARA TRABALLAR O VOCABULARIO DOS ESPAZOS DA CASA
PRIMEIRAS PALABRAS EN CASTELÁN

E na seguinte páxina hai unha interesante recompilación de recursos:

SEGUNDAS LINGUAS


E para a ensinanza da lingua galega temos O PORTAL DAS PALABRAS, unha inicitativa da Fundación Barrié e da RAG.

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións