Mostrando entradas con la etiqueta Problemas de conduta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Problemas de conduta. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de diciembre de 2009

CONTO "Gymkana de emociones" de CEPE


O outro día din cun interesante libro "gymkana de emociones", conto que está especialmente indicado para axudar aos nenos e nenas a poñerse no lugar dos demais e aprender alternativas para solucionar pequenos conflitos cos amigos.
RESUMO- É a primeira vez que Clara acode a un campamento de verán, é o último día e a súa amiga Sofía explícalle que van participar nunha divertida Gymkana que os monitores organizan todos os anos. O grupo de Clara resulta gañador e ao rematar o xogo danse conta de que as pistas do xogo son en si mesmas unha boa estratexia para resolver os problemas cos amigos, polo que Clara decide gardalas para recordalas cando se enfronte a algunha situación que lle resulte complicada de resolver, respondendo ás preguntas: ¿Que ocurriu? ¿Como me sentín? ¿Como se sentiron os demais? ¿Que podo facer a próxima vez?

O conto inclúe tamén consellos para pais e nais e propostas de actividades para reflexionar cos nenos e nenas sobre os problemas, seguindo os pasos-guía do conto e as tarxetas.
Os autores do libro son Carmen Sara Floriano, Fausto Giles, Isabel Orjales e Rubén Toro.Espero que vos sexa de utilidade.

sábado, 21 de noviembre de 2009

OS PROBLEMAS DE CONDUTA, A FAMILIA, OS LÍMITES E AS NORMAS

"A nosa xuventude é decadente e indisciplinada. Os fillos non escoitan xa os consellos dos pais. O fin dos tempo está proximo"

Esta frase poderiamos ubicala con toda seguridade na época actual, pero a realidade é que data do 2000 antes de Cristo.A educación das novas xeneracións é algo que nos ven preocupando dende sempre.

"Demasiados fillos teñen hoxe todo o que queren e nada do que precisan. A mensaxe que debemos susurrar ao oído no noso fillo é sinxelo: ámote incondicionalmente" (Siegel, 1995).
Hoxe en día atopamos moitos rapaces e rapazas, nenos e nenas, que fan o queren sen que a súa familia ou o profesorado poida establecer ningún tipo de límite. Están acostumbrados a non recibir un "non" por resposta, e esta ausencia crealles confusión.
Ë fundamental establecer límites e normas, a súa ausencia deixa indefensos a rapazas e rapaces.
Manuel Armas no seu libro Prevención e intervención ante problemas de conduta fala dun estilo educativo recreador, que compaxine de forma equilibrada normas, diálogo e autonomía. Ter normas pero sen dialogar e sen poder comportarse con autonomía, é autoritarismo. Dar autonomía sen normas é abandono. O diálogo sen normas é premisivismo. Hai que empezar por establecer unhas normas e aplicalas. Unha vez que están consolidadas, podemos ir dando maior autonomía a través do diálogo, para ir responsabilizando ó neno ou nena pouco a pouco. Manuel Armas sinálanos que "medrar sen normas xenera trastornos de conduta, medrar sen amor e diálogo xenera maltrato e medrar sen autonomía produce ansiedade e inseguridade".

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións