Con motivo do Día Internacional da Muller no centro realizamos unha serie de actividades de sensibilización ao longo da semana previa á celebración desta data:
- Educación Infantil e 1º ciclo realizaron marcapáxinas con profesións que poden realizar tanto homes coma mulleres.
- O segundo ciclo realizou murais con características e profesións de mulleres, así como biografías de mulleres importantes ao longo da historia.
- O Terceiro ciclo realizou o cartel para o centro recortando caras de mulleres para formar as letras "8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
O luns, 8 de marzo de 2010, os diferentes ciclos tiveron Contacontos e Obradoiros grazas á colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Quiroga.
- 5º curso realizou un obradoiro coa Orientadora do Centro sobre a publicidade e os roles e estereotipos sexistas.Por grupos e con folletos de catálogos de xogueterías os nenos e nenas buscaron como cada xoguete vai dirixido a un sexo, que cores se empregan en función de se son para neno ou para nena, que aprendizaxes provocan (aprender a facer as tarefas de casa, coidar, competir, pelexar, etc) en nenos e cales en nenas, etc.
- 6º curso tivo un obradoiro coa Orientadora do centro sobre os estereotipos sexistas nas películas infantiles, traballando sobre o conto da Cincenta, para reflexionar de como se transmite a idea nas nenas dun príncipe salvador (ou dun arquitecto, obreiro, mestre, avogado, etc. salvador), así como a caracterización dos personaxes femininos (sensibles, indefensos, ...) e dos masculinos (valentes, con iniciativa, ...).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario