jueves, 14 de octubre de 2010
NAVEGA CON RUMBO
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os/as escolares navegueN con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A intención é concienciar da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudar a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén se ofrecen suxestións e consellos dirixidos aos estes colectivos.
O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiados/as do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.
Deixo na columna dereita do blog o enlace para poder acceder á web.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario