Dende o Departamento de Orientación e en colaboración coa titora de 6º iniciamos, baseándonos na experiencia de María Hermelo que acaba de publicar "Fíos violeta", unha nova experiencia na área de Educación para a Cidadanía. A través do cine pretendemos traballar a educación en valores e fomentar a reflexión critica e o traballo en equipo.
Nas últimas sesións traballamos coa película "Quiero ser como Beckham", despois da súa proxección traballamos en pequeno grupo (3 alumnos/as) sobre diferentes aspectos abordados na película. Na próxima sesión realizaremos un debate para compartir opinións. Déixovos o material entregado ao alumnado para a reflexión en pequeno grupo. PREME AQUÍ.
Quiero Ser Como Beckham
martes, 30 de noviembre de 2010
CINE E EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA
Etiquetas:
Convivencia,
Educación en valores,
Educación para a cidadanía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario