jueves, 11 de noviembre de 2010

SEMINARIO INTERNACIONAL DE ATENCIÓN AO ALUMNADO INMIGRANTE

Dende hoxe ata o sábado estase celebrando o Seminario Internacional de Atención ao Alumnado Inmigrante. Fai uns días chegou ao noso centro un neno de fala non hispana e a desesperación do profesorado ante a ensinanza da lectoescritura para que puidese acceder ao currículo foi evidente. Pero unha frase de Paulo Freire:
"Hai que aprender aos nenos/as a ler a realidade antes que a ler a palabra"
fíxome reflexionar sobre o grammocentrismo no que estamos inmersos no sistema educativo, de modo que concedemos un peso excesivo ao escrito, cando hai moitas cousas que se poden aprender e ensinar na escola.
Tamén vos deixo unha pregunta para a reflexión:

Quen fracasa cando hai fracaso escolar?

martes, 9 de noviembre de 2010

APRENDER AS CORES E OS TAMAÑOS


Quero amosarvos unha idea que me encantou da mestra de PT do cole para traballar as cores e os tamaños dunha forma dinámica e motivadora para os nenos e nenas. Grazas Ana pola túa implicación e ganas.
Para elaborar o material só precisades airon fix de diferentes cores. Unha vez recortadas as figuras e pegadas no chan podemos xogar co neno a saltar seguindo unha cor, saltar ao círculo da cor que lle indiquemos, etc Espero que vos guste a idea.

ACTIVIDADES PARA INTRODUCIR A LETRA "A" EN EDUCACIÓN INFANTIL

Teño a satisfacción de presentarvos un material moi útil e interesante para a estimulación da linguaxe en Educación Infantil elaborado pola mestra de AL que traballou no Departamento o pasado curso escolar. Gracias por compartilo Patricia.
LETRA a [Modo de ad

lunes, 1 de noviembre de 2010

jueves, 14 de octubre de 2010

NAVEGA CON RUMBO


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os/as escolares navegueN con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A intención é concienciar da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudar a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén se ofrecen suxestións e consellos dirixidos aos estes colectivos.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiados/as do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.

Deixo na columna dereita do blog o enlace para poder acceder á web.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

ORIENTACIÓNS E GUÍAS PARA AS FAMILIAS

Pautas e recomendacións para estimular a linguaxe dos nenos e nenas antes de iniciar a etapa escolar

PREVIR AS DIFICULTADES NA LINGUAXE


Orientacións para afrontar os ciumes entre irmáns na etapa de Educación Infantil:

AS FAMILIAS ANTE OS CIUMES INFANTÍS


Recomendacións para detectar problemas visuais e de audición

PREVIR OS PROBLEMAS VISUAIS E AUDITIVOS NA EDUCACIÓN INFANTIL

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións