martes, 20 de abril de 2010
miércoles, 24 de marzo de 2010
domingo, 21 de marzo de 2010
PRESENTACIÓN COMPLETA DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

Aquí tedes a presentación completa do Obradoiro de mediación, que abrangue 7 sesións, aínda que non inclúe as actividades prácticas elaboradas co alumnado a partir da análise de casos que van sucedendo do centro no día a día da convivencia entre alumnos e alumnas, mestras e mestres co alumnado.
PRESENTACIÓN POWERPOINT "OBRADOIRO DE MEDIACIÓN"
sábado, 13 de marzo de 2010
INICIAMOS O OBRADOIRO DE FORMACIÓN DE MEDIADORES E MEDIADORAS
Esta semana iniciei a formación de mediadores e mediadoras entre o alumnado de 6º de Educación Primaria no meu centro. Déixovos aquí o material que estou empregando:
- POWERPOINT SESIÓN 1
- POWERPOINT SESIÓN 2
- VÍDEO PARA TRABALLAR CANDO É NECESARIO MEDIAR E CÓMO INICIAR O PROCESO DE MEDIACIÓN
- VÍDEO SOBRE O PROCESO DE MEDIACIÓN E AS HABILIDADES IMPLICADAS
- VÍDEO SOBRE BULLYNG
- VÍDEO LEY DO SILENCIO (Bullyng)

Etiquetas:
Mediación,
Plan de Convivencia,
Resolución de conflitos
martes, 9 de marzo de 2010
SIMULADOR DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Interactuando con personaxes e obxectos, tanto nunha sala de profesores/as coma nun aula con alumnado, ousuario intervendrá en diversos conflitos con nenos e nenas entre 0 e 3 anos, e preparará o plan de prevención correspondente a cada caso.
ACCESO Á NOVA
Etiquetas:
Plan de Convivencia,
Resolución de conflitos
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP DE QUIROGA
Con motivo do Día Internacional da Muller no centro realizamos unha serie de actividades de sensibilización ao longo da semana previa á celebración desta data:
- Educación Infantil e 1º ciclo realizaron marcapáxinas con profesións que poden realizar tanto homes coma mulleres.

- O segundo ciclo realizou murais con características e profesións de mulleres, así como biografías de mulleres importantes ao longo da historia.

- O Terceiro ciclo realizou o cartel para o centro recortando caras de mulleres para formar as letras "8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
O luns, 8 de marzo de 2010, os diferentes ciclos tiveron Contacontos e Obradoiros grazas á colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Quiroga.
- 5º curso realizou un obradoiro coa Orientadora do Centro sobre a publicidade e os roles e estereotipos sexistas.Por grupos e con folletos de catálogos de xogueterías os nenos e nenas buscaron como cada xoguete vai dirixido a un sexo, que cores se empregan en función de se son para neno ou para nena, que aprendizaxes provocan (aprender a facer as tarefas de casa, coidar, competir, pelexar, etc) en nenos e cales en nenas, etc.
- 6º curso tivo un obradoiro coa Orientadora do centro sobre os estereotipos sexistas nas películas infantiles, traballando sobre o conto da Cincenta, para reflexionar de como se transmite a idea nas nenas dun príncipe salvador (ou dun arquitecto, obreiro, mestre, avogado, etc. salvador), así como a caracterización dos personaxes femininos (sensibles, indefensos, ...) e dos masculinos (valentes, con iniciativa, ...).

miércoles, 27 de enero de 2010
PÁXINAS DE INTERESE PARA A APRENDIZAXE ESPAÑOL-ÁRABE

Déixovos algunhas direccións de interese (a maioría interactivas) coas que estamos a traballar na ensinanza do español a unha nena de 7 anos, procedente de Marrocos que se acaba de incorporar ao centro sen coñecer ningunha das súas linguas oficiais en Galicia e que tampouco estivo escolarizada no seu país de orixe. Ademais a Editorial ARAL tamén dispón de material interesante para traballar a adquisición de vocabulario e da estructura da lingua.
Preme nos seguintes enlaces para acceder ás páxinas:
MI MUNDO EN PALABRASMI PUEBLO Y MI REGIÓN
LA CASA (En catalán
LA LLAMADA DE LA SELVA
APRENDER ESPAÑOL (Vocabulario on line interactivo
VOCABULARIO AGRUPADO EN CAMPOS SEMÁNTICOS
ESPAÑOL CON CARLITOS
EL MUNDO DE DUNIA
ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
LINGUAS.NET
AULA-E MATERIAIS PARA ALUMNOS/AS DE E/ELE
APLICACIÓN PARA TRABALLAR O VOCABULARIO DOS ESPAZOS DA CASA
PRIMEIRAS PALABRAS EN CASTELÁN
E na seguinte páxina hai unha interesante recompilación de recursos:
SEGUNDAS LINGUAS

E para a ensinanza da lingua galega temos O PORTAL DAS PALABRAS, unha inicitativa da Fundación Barrié e da RAG.
lunes, 25 de enero de 2010
PSICOTRADE: Centro de diagnóstico e intervención especializado en TXD´s

PSICOTRADE é un centro de diagnóstico e intervención terapéutica especializado en Trastornos Xenerais do Desenvolvemento. Pon a disposición de todos, variedade de recursos e información sobre o traballo que realizan.
En Psicotgrade realizan un amplo estudo dos principais trastornos da infancia e adolescencia dende un enfoque multidisciplinar. O resultado deste traballo de valoración é un informe detallado que inclúe, no só o diagnóstico, senón unha avaliación completa de competencias, coa finalidade de elaborar un programa de intervención acorde coas necesidades do paciente e a súa familia.
domingo, 3 de enero de 2010
Tiana y el sapo, unha película de Disney onde as princesas cambian o modelo que ofrecen ás nenas sobre a feminidade

Disney estrena en Febreiro unha película de princesas onde as mulleres xa non somos damiselas en apuros que esperan un príncipe-salvador. As princesas agora traballan, compatibilizan a vida familiar e laboral e loitan por mellorar e superarse.
Artigo de EL PAIS: Las princesas se ponen a trabajar
Etiquetas:
Coeducación,
Escola de pais,
Modelos de feminidade,
Películas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)