sábado 21 de noviembre de 2009

OS PROBLEMAS DE CONDUTA, A FAMILIA, OS LÍMITES E AS NORMAS

"A nosa xuventude é decadente e indisciplinada. Os fillos non escoitan xa os consellos dos pais. O fin dos tempo está proximo"

Esta frase poderiamos ubicala con toda seguridade na época actual, pero a realidade é que data do 2000 antes de Cristo.A educación das novas xeneracións é algo que nos ven preocupando dende sempre.

"Demasiados fillos teñen hoxe todo o que queren e nada do que precisan. A mensaxe que debemos susurrar ao oído no noso fillo é sinxelo: ámote incondicionalmente" (Siegel, 1995).
Hoxe en día atopamos moitos rapaces e rapazas, nenos e nenas, que fan o queren sen que a súa familia ou o profesorado poida establecer ningún tipo de límite. Están acostumbrados a non recibir un "non" por resposta, e esta ausencia crealles confusión.
Ë fundamental establecer límites e normas, a súa ausencia deixa indefensos a rapazas e rapaces.
Manuel Armas no seu libro Prevención e intervención ante problemas de conduta fala dun estilo educativo recreador, que compaxine de forma equilibrada normas, diálogo e autonomía. Ter normas pero sen dialogar e sen poder comportarse con autonomía, é autoritarismo. Dar autonomía sen normas é abandono. O diálogo sen normas é premisivismo. Hai que empezar por establecer unhas normas e aplicalas. Unha vez que están consolidadas, podemos ir dando maior autonomía a través do diálogo, para ir responsabilizando ó neno ou nena pouco a pouco. Manuel Armas sinálanos que "medrar sen normas xenera trastornos de conduta, medrar sen amor e diálogo xenera maltrato e medrar sen autonomía produce ansiedade e inseguridade".

domingo 15 de noviembre de 2009

BUSCADOR DE FERRAMENTAS PARA A AVALICIÓN PSICOPEDAGÓXICA

Nesta páxina podedes atopar un buscador no que introducir a idade do neno ou nena e o aspectos do desenvolvemento que queremos avaliar para buscar os instrumentos de avaliación máis axeitados.
Preme sobre o enlace para acceder á páxina. Tamén colguei o enlace na columna dereita do blog.

TICNE

domingo 25 de octubre de 2009

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL


Programa de estimulación multisensorial do Centro de educación Especial de San Cristóbal, en Avilés para alumnado con plurideficiencias e graves dificultades de comunicación e interacción:

ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL

MATERIAIS PARA A AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EN DISLALIAS


Para acceder á web con materiais, programacións para a intervención, etc. preme no seguinte enlace:

AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EN DISLALIAS

martes 6 de octubre de 2009

WEB APRENDER A ESTUDAR


Orientación para profes, pais, nais e alumnado sobre diferentes temas: técnicas de estudo, organización da información, autoavaliación dos hábitos e técnicas de estudo,... PREME NO SEGUINTE ENLACE:

APRENDER A ESTUDAR

sábado 26 de septiembre de 2009

RECURSOS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS NOS NENOS E NENAS CON AUTISMO

martes 5 de mayo de 2009

PERSONAXES DA ETNIA XITANA FAMOSOS NO MUNDO