miércoles, 30 de diciembre de 2009
CONTO "Gymkana de emociones" de CEPE
O outro día din cun interesante libro "gymkana de emociones", conto que está especialmente indicado para axudar aos nenos e nenas a poñerse no lugar dos demais e aprender alternativas para solucionar pequenos conflitos cos amigos.
RESUMO- É a primeira vez que Clara acode a un campamento de verán, é o último día e a súa amiga Sofía explícalle que van participar nunha divertida Gymkana que os monitores organizan todos os anos. O grupo de Clara resulta gañador e ao rematar o xogo danse conta de que as pistas do xogo son en si mesmas unha boa estratexia para resolver os problemas cos amigos, polo que Clara decide gardalas para recordalas cando se enfronte a algunha situación que lle resulte complicada de resolver, respondendo ás preguntas: ¿Que ocurriu? ¿Como me sentín? ¿Como se sentiron os demais? ¿Que podo facer a próxima vez?
O conto inclúe tamén consellos para pais e nais e propostas de actividades para reflexionar cos nenos e nenas sobre os problemas, seguindo os pasos-guía do conto e as tarxetas.
Os autores do libro son Carmen Sara Floriano, Fausto Giles, Isabel Orjales e Rubén Toro.Espero que vos sexa de utilidade.
Etiquetas:
Convivencia,
Escola de pais,
Problemas de conduta,
TDAH
PADRES PERMISIMOS, HIJOS TIRANOS de Aldo Naouri, pedagogo francés
"Padres permisivos, hijos tiranos" preséntase como unha contundente e polémica crítica á pedagoxía que nace nos anos sesenta según a que os pais non deberían negar nada aos nenos e nenas, senón que terían que convertilos no valor supremo en torno aa que facer xirar a súa vida. Aldo Naouri preséntase como un firme defensor da “frustración” precoz dos fillos e fillas coma un motor da educación e defeende unha rehabilitación da figura dos pais.
“En la actualidad, los padres y las madres están en el banquillo. Acusados de todos los males, cuando no son ellos mismos los que se culpan, tratan sin embargo de cumplir con su papel de padre y de madre lo mejor posible. No tienen otra opción, porque las nuevas generaciones les pedirán cuentas de ello. En un intento de eximirse de la culpabilidad que sienten, se ponen al servicio absoluto de sus hijos. Los resultados son, cuanto menos, paradójicos: las relaciones de pareja se ven afectadas y a menudo los hijos se convierten en tiranos domésticos.”
domingo, 13 de diciembre de 2009
COMPRENDER AOS DEMAIS E OS ESTADOS EMOCIONAIS
Aquí vos deixo tamén o material que empregamos para traballar a educación emocional, a comprensión dos demais, dos seus sentimentos e das situación que provocan estados emocionais.
Comp Render a Los Demas
Comp Render a Los Demas
TRABALLAR AS DECENAS CON MATERIAL PICTOGRÁFICO
O material que vos deixo aquí está elaborado para iniciar o traballo coas decenas cun neno de 2º de EP con TXD.
Cuantos Hay
Cuantos Hay
ADAPTACIÓN A PICTOGRAMAS DO LIBRO DE TEXTO "TIRA DA LINGUA" DE 2º EP
Déixovos o material que estamos elaborando no Departamento para adaptar os libros de texto que utilizan en 2º de Educación Primaria para un neno con TXD. O libro empregado "Tira da lingua" segue o método globalizado e as actividades de matemáticas non se adaptan senon que se realiza un material diferente. Espero que vos sirva de axuda ou vos aporte ideas.
tema 5
tema 5
sábado, 21 de noviembre de 2009
OS PROBLEMAS DE CONDUTA, A FAMILIA, OS LÍMITES E AS NORMAS
"A nosa xuventude é decadente e indisciplinada. Os fillos non escoitan xa os consellos dos pais. O fin dos tempo está proximo"
Esta frase poderiamos ubicala con toda seguridade na época actual, pero a realidade é que data do 2000 antes de Cristo.A educación das novas xeneracións é algo que nos ven preocupando dende sempre.
"Demasiados fillos teñen hoxe todo o que queren e nada do que precisan. A mensaxe que debemos susurrar ao oído no noso fillo é sinxelo: ámote incondicionalmente" (Siegel, 1995).
Hoxe en día atopamos moitos rapaces e rapazas, nenos e nenas, que fan o queren sen que a súa familia ou o profesorado poida establecer ningún tipo de límite. Están acostumbrados a non recibir un "non" por resposta, e esta ausencia crealles confusión.
Ë fundamental establecer límites e normas, a súa ausencia deixa indefensos a rapazas e rapaces.
Manuel Armas no seu libro Prevención e intervención ante problemas de conduta fala dun estilo educativo recreador, que compaxine de forma equilibrada normas, diálogo e autonomía. Ter normas pero sen dialogar e sen poder comportarse con autonomía, é autoritarismo. Dar autonomía sen normas é abandono. O diálogo sen normas é premisivismo. Hai que empezar por establecer unhas normas e aplicalas. Unha vez que están consolidadas, podemos ir dando maior autonomía a través do diálogo, para ir responsabilizando ó neno ou nena pouco a pouco. Manuel Armas sinálanos que "medrar sen normas xenera trastornos de conduta, medrar sen amor e diálogo xenera maltrato e medrar sen autonomía produce ansiedade e inseguridade".

Problemas de conduta
domingo, 15 de noviembre de 2009
BUSCADOR DE FERRAMENTAS PARA A AVALICIÓN PSICOPEDAGÓXICA
Nesta páxina podedes atopar un buscador no que introducir a idade do neno ou nena e o aspectos do desenvolvemento que queremos avaliar para buscar os instrumentos de avaliación máis axeitados.
Preme sobre o enlace para acceder á páxina. Tamén colguei o enlace na columna dereita do blog.
TICNE
Preme sobre o enlace para acceder á páxina. Tamén colguei o enlace na columna dereita do blog.
TICNE
domingo, 25 de octubre de 2009
PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL
Programa de estimulación multisensorial do Centro de educación Especial de San Cristóbal, en Avilés para alumnado con plurideficiencias e graves dificultades de comunicación e interacción:
ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL
Etiquetas:
Estimulación Multisensorial,
Plurideficiencias
MATERIAIS PARA A AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EN DISLALIAS
Para acceder á web con materiais, programacións para a intervención, etc. preme no seguinte enlace:
AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EN DISLALIAS
martes, 6 de octubre de 2009
WEB APRENDER A ESTUDAR
Orientación para profes, pais, nais e alumnado sobre diferentes temas: técnicas de estudo, organización da información, autoavaliación dos hábitos e técnicas de estudo,... PREME NO SEGUINTE ENLACE:
APRENDER A ESTUDAR
sábado, 26 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)