sábado, 17 de diciembre de 2011

TEXTO TRADUCIDO A GALEGO (Elaborado polo CEIP San Juan de Dios de Granada) para a comprensión con preguntas literais, inferenciais e valorativas

5º Lectura NOVOS VECIÑOS Traducida das lecturas creadas polos CEIPS de Granada

TEXTOS DE COMPRENSIÓN TRADUCIDOS AO GALEGO DOS LIBROS DA EDITORIAL CEPE:Qué vida máis divertida! e Que mundo máis apaixoante!

textos de comprensión TRADUCIDOS A GALEGO da coleccion CEPE Que vida tan divertida

TEXTOS DE COMPRENSIÓN TRADUCIDOS AO GALEGO DOS LIBROS DA EDITORIAL CEPE:Qué vida máis divertida! e Que mund...

VIDEO SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO

Untitled from orientaronda on Vimeo.

sábado, 21 de mayo de 2011

QUE É E COMO PREVIR O CIBERBULLYING

ciberbullying

martes, 17 de mayo de 2011

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS DE CARA AO APROVEITAMENTO DO TEMPO DE LECER

Ocio y Tiempo Libre

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS SOBRE A TRANSICIÓN ENTRE ETAPAS EDUCATIVAS

Diptico Paso de Infantil a Primaria

Paso de Primaria a Sec Und Aria

domingo, 3 de abril de 2011

CONSTRUINDO PONTES

Onte estiven lendo "Construyendo puentes" de Virginia Cagigal, un libro que vos recomendo para o asesoramento ás familias. Aquí vos deixo unhas cantas citas deste libriño para reflexionar:
"Aprendr é máis dificil en contextos emocionais negativos, os contextos emocionais positivos fan aprender; os negativos fan desaprender".
"Os nenos e as nenas non se portan mal por natureza senón por aprendizaxe. Non hai xenes que leven a portarse mal".

viernes, 1 de abril de 2011

DIA DO POBO XITANO


No cole estamos preparando o Día do Pobo Xitano decorando o centro:xitanos e xitanas coñecidas, xitano/as que están estudando na universidade ou FP tras rematar a Educación Secundaria Obrigatoria, a lingua:o romaní, as festas e celebracións, a bandeira, o himno, ...
Cada grupo vai recorrendo os diferentes murais expostos no centro e xunto co titor/a dialogan sobre a información exposta no centro. Xa deixarei unhas fotos.
Hoxe unha alumna de 4º tróuxome un debuxo para min, realizado a partir da bandeira xitana. Aquí o deixo. Fíxome moita ilusión recibilo.

Aquí vos deixo as fotos da decoración do centro para ese día:










Aquí vos deixo un vídeo cun pequeno fragmento da celebración no colexio, despois de facer unha simbólica cerimonia do río:

domingo, 27 de marzo de 2011

FUNCIÓNS DA FAMILIA

Virgina Cagigal tamén nos recordou cales son as funcións da familia:
1. SATISFACER NECESIDADES BÁSICAS:
- Materiais: hai que prestar atención aos extremos,non ter recursos para satisfacer estas necesidades ou non negar nada, polo que non aprende a tolerar a frustración.
- Afectivas: dereito a sentirse querido, temos que coidar expresións como "se te portas mal non te quero" porque portarse mal ten consecuencias pero non deben ser o cariño, este debe ser incondicional.
- De seguridade e apoio.
- Desenvolvemento cognitivo e intelectual
- Desenvolvemento espiritual, saber que a vida non se acaba nun mesmo senón que hai unha comunidade.
2. SOCIALIZACIÓN DOS SEUS MEMBROS:
- Transmisión da cultura, valores, tradicións.
- Establecer normas: proporcionar normas é coma proporcionarlles guías para transitar pola vida, se non hai normas os nenos non saben cómo actuar. Os pais deben ser guías para aprender a transitar pola vida.
- Formación da súa identidade: o neno/a empeza a construi a imaxe de si mesmo/a a partir de mensaxes que nos chegan do exterior. O neno/a que recibe a mensaxe de que é malo e non recibe ningunha outra pensa "Pois son malo, mellor ser malo que non ser ninguén".
- Autonomía e desenvolvemento persoal.

IMPACTO DO DIVORCIO OU DA SEPARACIÓN NOS NENOS E NENAS DE 0 A 6 ANOS

Onte tiven o pracer de escoitar a Virginia Cagigal, Doctora en Psicoloxía e Coordinadora da área de atención ás familias da Universidade P. de Comillas durante as Xornadas "Educando na infacia e na adolescencia" organizadas pola fundación sm e Preescolar na Casa.
Temos que ter moi presente a incidencia que a separación dos pais pais pode ter no neno ou nena, que pode sufrir:
- Medo
- Fantasías de ser sustituibles
- Regresións (enuresis, volver a chupar o dedo, gatear, ..).
- Fantasías macabras (ser secuestrado)
- Negación a través da fantasía ("Papá volverá").
- Respostas agresivas (aínda que non é habitual nestas idades).
- Inhibición da agresividade (dificultade para expresar sentimentos, enfado,...).
- Culpa.
- Demandas emocionais continuas (chorar por calquera motivo)
- Esforzos de adaptación
- Ameaza de abandono.
Temos que ter presente que é unha etapa de duelo que o neno/a ten que pasar para poder superalo. Negar a súa existencia fai que sexa máis difícil.
Dende o centro temos que proporcionarlle a estabilidade que ll falta no fogar e estar máis pendientes de ofrecerlle demostracións e xestos de cariño para que se sinta seguro/a e querido/a.

10 reglas de oro para comunicarte con tus hijos

domingo, 13 de marzo de 2011

FACER DE PAI E NAI


As xornadas "Educando na infancia e na adolescencia" nas que colabora a fundación Preescolar na Casa permitíronme descubrir a través da súa revista das palabras de Mercé Company que vos deixo aquí:
"Para facer de pai e nai non abonda con querer ao neno. Facer de pai e nai é limpar os mocos.
É atarlle os cordóns dos zapatos e amosarlle a facer a lazada.
é premer da man cando non da feito as cacolas.
Facer de nai e pai é levar ao fillo á escola e volver a buscalo.
É correxir ao neno cando se porta mal ou cando a nena fai calquera trasnada.
É ir ao médico dos pés para facerlle as sobreplantas dos zapatos.
É secar as bágoas despois dunha rifa cos amigos.
Facer de pai e nai é cavilar nas cousas que debe comer o neno para que medre san e forte.
É xogar xuntos. É lerlle contos. Contarlle contos ou historias e ter sempre acugulada a caixa das galletas.
Facer de pai e nai é consolar á nena pola noite por ter algún pesadelo. É bicar ao neno no croque ou na esfoladura do xeonllo.
É querer aos fillos cada dia e a todas horas, e apreciar as cousas que fai e que desfai aínda que ás veces consiga enfadarnos.
É axudar á pequena en todo aquilo que se lle fai dificultuoso.
É tamén que o neno aprenda a querer ao seu pobo e á súa xente.
Facer de pai e de nai é darlles seguranza para que saiban que pase o que pase imos estar onda eles".

jueves, 3 de marzo de 2011

EDUCAR ADEMAIS DE ENSINAR: reportaxe "Pulso ao fracaso escolar"

A reportaxe ‘Un pulso al fracaso’, emitido en Documentos TV gañou o VI Premio Dereitos da Infancia e Xornalismo, que conceden dende 2005 a Asociación da Prensa de Madrid e o Defensor do Menor de dita Comunidade.

A reportaxe parte dunha dura realidade: cunha taxa do 31%, España é o segundo país da Unión Europea en fracaso escolar. Pese aos grandes avances das últimas décadas, o sistema académico resulta ineficaz para algúns nenos e adolescentes cunha situación socioeconómica difícil.

‘Un pulso al fracaso’ é umha viaxe polas historias personais dalgúns destes xóvenes que foron derivados a módulos formativos alternativos á educación convencional. Son as escolas de segunda oportunidade, onde prima o individuo por enriba dos plans de estudos. É un retrato deses xóvenes ante a segunda oportunidade que se lles brinda: a última que teñen para encauzar as súas vidas nun mundo laboral que xa non contaba con eles.

A min encantoume e penso que é un instrumento de sensibilización de docentes en particular e da sociedade en xeral.

miércoles, 2 de marzo de 2011

domingo, 27 de febrero de 2011

HABILIDADES DE COMUNICACIÓN FAMILIAR


Ao longo longo de 3 cortos, a asociación de nai e pais CEAPA propón que se traballen situacións familiares cotiás, cada unha das tres situacións que se recrean desdóblanse en dúas posibilidades diferentes de afrontar os conflitos que se presentan.

Temas/situacións:

-Negocición dun límite: cómo chegar a acordos
- Habilidades antes un conflito: manexo do autocontrol.
-Mediación ante un conflito: relacións entre irmáns.
Duración: 23 minutos (22’35”) Data producción: 2009

Destinatarios recomendados: Pais, nais, asociacións de pais e nais

lunes, 14 de febrero de 2011

ARRANCA UN NOVO BLOG

Onte recibín a bo nova de que, por fin, a mestra de AL e logopeda Patricia Pena Barbeito coa que tivemos a sorte de contar o ano pasado no cole, puxo en marcha o seu primeiro blog. Aquí vos deixo a primeira mostra do estupendo material que nos pode proporcionar



Non deixedes de visitar o seu blog porque nos proporcionará estupedos e moi útiles materiais. ACCESO AO BLOG.

domingo, 23 de enero de 2011

MATERIAL PARA TRABALLAR COA PEÍCULA "CADEA DE FAVORES"

Ficha Cadena de Favores

CINE E VALORES: CADEA DE FAVORES

Case por casualidade descubrín a película "Cadena de favores" así como as posibiidades que abre para traballar a educación en valores nas aulas. En breve deixareivos as actividades para reflexionar tras a proxección da película, por agora deixóvos o trailer e a ficha técnica da película:


CADENA DE FAVORES
Dirección: Mimi Leder.
País: USA.
Ano: 2000.
Duración: 122 min.
Interpretación: Kevin Spacey (Eugene Simonet), Helen Hunt (Arlene McKinney), Jaley Joel Osment (Trevor McKinney), Jay Mohr (Chris Chandler), James Caviezel (Jerry), Jon Bon Jovi (Ricky), Angie Dickinson (Grace), David Ramsey (Sidney), Gary Werntz (Thorsen).
Guión: Leslie Dixon; basado en la novela de Catherine Ryan Hyde.

--------------------------------------------------------------------------------

SINOPSE
Trevor (Jaley Joel Osment), inspirado a raíz dunha propuesta de Eugene (Kevin Spacey) -o seu novo profesor de Ciencias Sociais- naque o os nenos e nenas han de imaxinar unha idea para cambiar o mundo e intentar poñela en práctica, iniciará sen sabelo unha exitosa cadea de favores que se extenderá por toda a ciudade de Las Vegas e que consiste en axudar a tres personas e que éstas axuden en pago a outras tres, e así sucesivamente.

viernes, 21 de enero de 2011

DIA DA PAZ 2011

No noso cole estamos rematando os últimos preparativos de cara a celbración do día da Paz. O Departamento de Orientación participa como coordinador da Dinamización da Convivencia. As actividades que temos programadas son:
1. Co alumnado de Educación Infantil traballaremos co conto en powerpoint O castelo de area" sobre a necesidade de traballar en equipo en lugar de competir.
2. Co alumnado do 1º ciclo proxectaremos a película "Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a volar" para debater sobre:
- A amizade entre seres diferentes.
- A defensa do medio ambiente.
- A perseverancia para conseguir as cousas a pesar das dificultades.
- A necesidade de aceptarse a un mesmo.
3. O alumnado de 2º e 3º ciclo vai realizar cómics relacionados co tema da paz.
4. O alumnado de 3º ciclo verá a película de "Cobardes" sobre o tema do acoso escolar. Adxúntovos as activadades de reflexión que realizaremos co alumnado, que traballará en pequenos grupos para facer despois un debate en gran grupo.



A nivel de centro todos cantaremos "Este mundo é o que queremos" e leremos un manifesto pola paz que tamén vos deixo aquí.


En relación coas familias, realizamos unha recompilación de lecturas relacionadas coa paz e clasificadas por idades. Podedes vela debaixo.

sábado, 15 de enero de 2011

CINE E EDUCACIÓN EN VALORES: Billy Elliot

Continuando coa educación en valores a través do cine estos días estamos traballando co alumnado de 6º de Primaria coa película de Billy Elliot, coa que incidimos no traballo coa educación para a igualdade e a eliminación de estereotipos sexistas. Déixovos a guía de traballo:

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións