domingo, 13 de marzo de 2011

FACER DE PAI E NAI


As xornadas "Educando na infancia e na adolescencia" nas que colabora a fundación Preescolar na Casa permitíronme descubrir a través da súa revista das palabras de Mercé Company que vos deixo aquí:
"Para facer de pai e nai non abonda con querer ao neno. Facer de pai e nai é limpar os mocos.
É atarlle os cordóns dos zapatos e amosarlle a facer a lazada.
é premer da man cando non da feito as cacolas.
Facer de nai e pai é levar ao fillo á escola e volver a buscalo.
É correxir ao neno cando se porta mal ou cando a nena fai calquera trasnada.
É ir ao médico dos pés para facerlle as sobreplantas dos zapatos.
É secar as bágoas despois dunha rifa cos amigos.
Facer de pai e nai é cavilar nas cousas que debe comer o neno para que medre san e forte.
É xogar xuntos. É lerlle contos. Contarlle contos ou historias e ter sempre acugulada a caixa das galletas.
Facer de pai e nai é consolar á nena pola noite por ter algún pesadelo. É bicar ao neno no croque ou na esfoladura do xeonllo.
É querer aos fillos cada dia e a todas horas, e apreciar as cousas que fai e que desfai aínda que ás veces consiga enfadarnos.
É axudar á pequena en todo aquilo que se lle fai dificultuoso.
É tamén que o neno aprenda a querer ao seu pobo e á súa xente.
Facer de pai e de nai é darlles seguranza para que saiban que pase o que pase imos estar onda eles".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións