jueves, 11 de noviembre de 2010

SEMINARIO INTERNACIONAL DE ATENCIÓN AO ALUMNADO INMIGRANTE

Dende hoxe ata o sábado estase celebrando o Seminario Internacional de Atención ao Alumnado Inmigrante. Fai uns días chegou ao noso centro un neno de fala non hispana e a desesperación do profesorado ante a ensinanza da lectoescritura para que puidese acceder ao currículo foi evidente. Pero unha frase de Paulo Freire:
"Hai que aprender aos nenos/as a ler a realidade antes que a ler a palabra"
fíxome reflexionar sobre o grammocentrismo no que estamos inmersos no sistema educativo, de modo que concedemos un peso excesivo ao escrito, cando hai moitas cousas que se poden aprender e ensinar na escola.
Tamén vos deixo unha pregunta para a reflexión:

Quen fracasa cando hai fracaso escolar?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións