miércoles, 17 de noviembre de 2010

UN CACHETE A TEMPO?

No blog do Departamento de Orientación do CEIP Otero Pedrayo acabo de ler unha interesante reflexión sobre o uso do cachete ou faluza como recurso para marcar os límetes a un adolescente ou a un neno/a.
Neste post sinálase que os efectos deste recurso son moi a corto prazo e será preciso aplicalo cada vez con maior frecuencia para que sexa eficaz a longo prazo.
Tamén nos ofrece alternativas:
- O diálogo: explicarlles dende pequenos/as as decisións que se toman.
- A firmeza: é mellor dicir as cousas con firmeza que berrando.
- O castigo: que debe ser inmediato a conduta e ser mantido ao longo do tempo e axustado á conduta. Pode ser dende o tempo fóra (mandalo a outro cuarto) a privalo da tele, da consola,...
- A atención: os pais e nais deben adicarlle tempo ao neno ou nena cando faga as cousas ben e non cando as faga mal. Hai que ignorar algúns comportamentos cos que pretender chamar a nosa atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións